Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
Boiro Turismo
Boiro Turismo - Accesibilidad playas

 

Praias sen fume
Fagámolo entre todos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Rede Galega de praias sen fume (RGPSF) naceu no ano 2016 cun fin educativo e de sensibilización social co obxectivo de avanzar na desnormalización do consumo de tabaco na poboación, recalcando a importancia da conducta das persoas adultas ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son.

Un dos obxectivos da rede é que os nosos nenos/as e a mocidade saiban qeu "o normal é non fumar". O feito de ampliar a prohibición  do consumo ás praias, ámbito que non recolle a normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco á vez qeu converte este contorno en educativo e preventivo. A implicación de diferentes entidades nesta iniciativa, contando coa participación activa da sociedade, é o camiño idóneo para conseguilo.

Nas praias sen fume está prohibido fumar na zona do areal, quedando excluídas as zonas ao aire libre dos locais da hostelería situados nelas. Non existe vixilancia, nin sanción para o incumprimento por parte dos cidadáns xa que se trata dunha elección voluntaria e persoal. O feito de seleccionar unha praia sen fume como lugar de ocio e , polo tanto, o cumprimento da norma de "non fumar " é unha responsabilidade persoal. Trátase de acadar a participación activa da sociedade neste obxectivo de normalizar o feito de "non fumar"

Boiro ten a acreditación de Ouro na Rede Galega de Praia sen fume, cas praias seguintes:

  • Barraña
  • Barraña-Saltiño
  • Carragueiros
  • Ladeira do Chazo
  • Mañóns
  • Piñeirón
  • Portomouro
  • A Retorta
  • Ribeira Grande

OBXECTIVOS:

  • Promover unha vida sen tabaco
  • Desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade
  • Reforzar o papel modélico positivo das familias
  • Promover praias que respecten e coiden o medio ambiente

 Descarga o folleto aquí

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar